Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioPresentación

Abel Caballero, Alcalde de Vigo

Como Alcalde de Vigo, quero expresar unha convicción profunda: "So a educación pode transformar unha cidade, aínda que a cidade que queremos é necesariamente un proxecto compartido". Vigo se suma ao compromiso de valorar a educación como un elemento estratéxico no seu desenvolvemento. Conta cun tecido asociativo forte, diverso, maduro que ten sido quen de abrir procesos decisivos de construcción da cidade, coa cohesión como norte e coa participación como vector imprescindible. Por isto os grandes obxectivos da nosa cidade deben seguir sendo definidos dende o diálogo e a participación para que, deste xeito,  sumemos o esforzo cotiá, a menudo discreto e calado, de miles de cidadáns.

Unha política municipal activa e eficaz só ten senso dende a proximidade, desde a que a educación toma forma na procura dun obxectivo primordial para calquera acción política: mellorar a calidade de vida das persoas.

Na nosa acción de goberno, tentamos pór intención educadora en todos e cada un dos proxectos de cidade, abordándoos de xeito integral e transversal. Tentamos contruir xuntos o proxecto educativo de Vigo, dende a participación cidadá, traballando corresponsablemente con outras administracións e con axentes da cidade

Neste contexto actual de crise económica, estou convencido que só dende a proximidade e o diálogo constante se poden articular alternativas de modelos de convivencia máis sostibles e compartidos. O futuro se está escribindo nas prazas, nas rúas e nos centros educativos da nosa cidade e nestes espazos se está a debuxar e forxar a nova cidadanía.
Neste reto a educación é clave para facer posible un futuro máis xusto e solidario, e garantimos, coa inestimable implicación das familias, o noso máximo esforzo para facer de Vigo unha cidade educadora integral.

Para facilitarlles ás familias a elección do centro educativo máis axeitado, o Concello de Vigo pon a vosa disposición esta novidosa aplicación informática con toda a información práctica sobre os excelentes centros educativos cos que conta a nosa cidade. É indubidable que os centros escolares, as súas instalacións, equipamentos e os seus educadores son pezas centrais no proceso de ensino-aprendizaxe, como tamén o deben ser as familias e o contorno social no que habitamos. Desexo que os vosos fillos e fillas atopen nos centros de ensino de Vigo a complicidade formativa que, sen dúbida, se necesita para levar adiante unha labor tan complexa e de tanta repercusión social. A outra complicidade, a nosa, a do seu Concello, xa a teñen.

Olga Alonso Suárez, Concelleirao de Educación

Como Concelleira de Educación teño o pracer de presentar esta versión en formato web que recolle toda a información  relativa aos centros de ensino da cidade de Vigo. Trátase dun empeño conscente e decidido para aportar unha ferramenta de información útil e dinámica, cuxo contido vos convido a coñecer navegando pola mesma. Contamos con estupendas instalacións escolares, dotadas das innovacións tecnolóxicas para garantir unha formación de calidade, e coa profesionalidade incuestionable dun corpo docente de probada solvencia, experiencia e capacidade para que o alumnado poida afrontar retos novos e cambiantes. Todos estes elementos, combinados axeitadamente, supoñen unha oportunidade de progreso persoal que os nosos nenos e nenas non poden desaproveitar.

Manteño o firme convencemento de que as familias debemos xogar un papel primordial e implicarnos na educación dos nosos fillos e fillas, como o medio máis eficaz para garantir o noso desenvolvemento e progreso futuro. Por iso poñemos esta guía a disposición de todos os pais e nais, para facilitar na medida do posible unha decisión tan relevante como a elección do seu colexio.

O compromiso do Concello de Vigo coa educación é irrenunciable. Entre as iniciativas desenvolvidas ata o momento destacan as máis de mil bolsas de inglés creadas para estudantes de Secundaria e da Escola Oficial de Idiomas, o importante incremento das axudas concedidas para libros e comedor ou as obras de reforma e/ou construción de comedores escolares, entre outras medidas, coas que procuramos dar a resposta que a comunidade educativa nos demanda ante a crise. En total, este goberno municipal leva destinado máis de 12 millóns de euros na mellora da educación da cidade.

Agardamos que esta guía dixital faga máis cómoda a elección de centro e vos invitamos a que, despois de navegar pola información recollida nesta aplicación web,  vos acheguedes aos colexios para coñecer de primeira man as súas instalacións e equipamentos e saber dos proxectos educativos de vangarda que están a desenvolver.

Traballamos e defendemos un ensino público de calidade, como vía para garantir unha sociedade cohesionada, formada e preparada para os retos do presente e do futuro. Na educación de hoxe dos nosos fillos e fillas atopamos o seu éxito do mañá; o futuro da nosa cidade está nas súas mans. Na educación está o noso compromiso
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org