Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEscola Oficial de idiomas

Escola Oficial de idiomas - centro público

Horario de oficina de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.; e luns e xoves de 17 a 20:00 h.

Seccións: Cangas (IES Rodeira), Coia (IES Alexandre Bóveda), Nigrán (IES Escolas Proval), Ponteareas (IES Val do Tea) e Tui (IES San Paio).



Centro dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia especializado na ensinanza de idiomas para adultos que expide títulos con recoñecemento oficial. Trátase dunha oferta pensada para adultos impartida segundo un enfoque comunicativo e uns contidos específicos, na que a finalidade laboral é prioritaria.

Impártense cursos monográficos das diferentes linguas, cursos de formación do CEFORE, e cursos CELGA e linguaxe administrativa de galego.

Un dos obxectivos é o de potenciar o uso das linguas na sociedade europea multicultural. Conta aproximadamente con 7.000 alumnos/as que reciben clases de alemán, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés.

Equipamento e instalacións

As instalacións repártense entre os sete andares con 36 aulas dotadas de medios audiovisuais dixitais, un salón de actos, unha sala multimedia, biblioteca, cafetería, vivenda para o conserxe e aparcadoiro.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Na Escola impártense clases en réxime oficial (presencial) e libre das seguintes linguas: Alemán, Español para estranxeiros, Chinés, Francés, Galego, Inglés, Italiano, Portugués e Xaponés. A oferta distribúese en tres niveis: nivel básico (dos cursos académicos, excepto chinés e xaponés con tres), que corresponde ao nivel A2 do Marco Europeo Común de Referencia; nivel intermedio (dous cursos académicos), que corresponde ao nivel B1; e nivel avanzado (dous cursos académicos), que corresponde ao nivel B2. En francés, galego, inglés e portugués tamén se oferta o nivel superior C1. A oferta horaria vai desde as 9.00 horas ata as 21.30 horas ininterrumpidamente.
Non regulada
Cursos monográficos organizados pola EOI de Vigo: A Escola Oficial de Idiomas de Vigo, consciente das continuas variacións nas necesidades de mercado e co interese de ampliar o seu abano de actividades, ofrece cursos monográficos que permitirán recibir unha formación máis específica e pormenorizada, centrada en linguaxes de especialidade ou no desenvolvemento de capacidades lingüísticas concretas (conversación, audición, etc.). Estes cursos serán de natureza cuadrimestral e terán unha duración de 60 horas, coa súa correspondente certificación oficial. Os grupos serán reducidos (aproximadamente 20 alumnos) e haberá cursos en horario matinal ou de tarde (consultar horarios). Organizados en colaboración con outras entidades: - Cursos de comercio (Consellería de Economía e Industria) - Cursos CELGA (Secretaría Xeral de Política Lingüística) - Cursos de linguaxe administrativa (Secretaría Xeral de Política Lingüística) - Cursos de turismo (Consellería de Cultura e Turismo) - Cursos de audiovisual (Consorcio Audiovisual de Galicia) - Cursos para profesorado (Centro de Formación y Recursos (CFR) de Vigo) - Cursos de inglés a distancia That's English! (Ministerio de Educación)
Amosar
Outra información de interese

Os alumnos reforzan as destrezas orais e escritas con lectores.
Os diferentes departamentos organizan actividades extraescolares relacionadas coa cultura de cada país.
Existen distintas posibilidades para acceder directamente a niveis superiores: por proba de clasificación e por validación.
Hai unha asociación de alumnado e outra de ex alumnado. A asociación de alumnado oferta nos sábados durante o curso e no mes de xullo cursos de alemán, árabe, español para estranxeiros, francés, inglés, ruso e xaponés. A asociación de ex alumnado realiza actividades culturais

Amosar
Etapas educativas
Datos de contacto
  • Tlf: 986 260 210 / 986 260 261
  • Fax: 986 262 599
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Avda. Martínez Garrido, 17. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: Horarios de secretaría (xestións administrativas para o alumnado): Luns e xoves de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 Martes, mércores e venres de 9:00 a 14:00
  • Titorías: Consultar as pestanas dos departamentos correspondentes na páxina web da escola.
  • Clases: A oferta horaria vai desde as 9.00 horas ata as 21.30 horas ininterrumpidamente. Consultar a oferta horaria durante o período de matrícula.
Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org