Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosE.I.M. Tomás Alonso

E.I.M. Tomás Alonso - centro público

 Esta Escola forma parte da Rede Municipal de Escolas Infantís do concello de Vigo. Os nosos trazos de identidade vincúlannos ao resto das escolas da Rede conformando un proxecto común baixo unha perspectiva colaborativa e integradora de experiencias enriquecedoras.

 
A EIM TOMÁS ALONSO conta con tres unidades para alumnado de 3 meses a 3 anos, sendo a súa capacidade total de 39 alumnos agrupados por idades e diferenciados por quenda da seguinte maneira:
 
1- aula 1 – 8 nenas e nenos
2- aula 2 – 13 nenas e nenos
3- aula 3 – 18 nenas e nenos. 
 
A Escola permanece aberta de setembro a xullo agás os festivos laborais e os días 24 e 31 de decembro. O mes de agosto pechamos por vacacións. O horario de actividade abrangue o período de tempo establecido entre as 7:30 e as 20:00 horas, diferenciando dúas quendas de alumnado.
Coincidindo co período de solicitude de praza estipúlanse varios días de xornadas de portas abertas para que as familias interesadas podan coñecer as instalacións e o funcionamento desta Escola. 
 
Un dos nosos obxectivos é garantir que todas as nenas/nenos sexan educadas e atendidas en contextos afectivos, de seguridade e confianza onde se teñan en conta as súas necesidades e ritmos de aprendizaxe. Soamente así as crianzas poderán medrar de forma harmónica, cun autoconcepto positivo, establecendo as primeiras relacións psicosociais básicas e imprescindibles para descubrir e entender o mundo que lles rodea.
 
Unha proposta metodolóxica baseada na participación activa como forma básica de aprendizaxe. A través da interacción por parte das cativas e dos cativos propiciaremos o máximo desenvolvemento das súas capacidades (cognitivas, sensoriais, psicomotoras e sociais), así como o desenvolvemento de habilidades comunicativas que lles permita aprender a expresarse e a adquisición de hábitos de autonomía persoal que imprima as bases de crecemento persoal e onde a colaboración coas familias (comunicacións diarias, participación activa dentro da actividade diaria da aula, xuntanzas e titorías,...) parte da confianza e o respecto mutuos.
 
Partindo dos criterios expostos anteriormente, e seguindo a Programación Xeral Anual, o Equipo Educativo da escola elabora unha unidade didáctica mensual tomando como referencia o Decreto 330/2009 que regula o curriculum educativo desta etapa. Cada unidade didáctica xira en torno a unha temática específica e nela inclúense obradoiros, actividades variadas e propostas de participación familiar.
 
O idioma utilizado na aula baséase na lingua materna predominante entre o alumnado. Fomentando o coñecemento e uso da outra lingua oficial de Galicia. Establécense, polo tanto, momentos e rutinas para o coñecemento de ambas linguas.
 
O inglés introdúcese na aula de 2 a 3 anos para ir familiarizando aos nenos e nenas cun idioma estranxeiro e que vaian aprendendo vocabulario básico nesta lingua.
Apoiamos a expresión verbal con Lingua de Signos aproveitando que os cativos están antes preparados para comunicarse con signos e que ademais mellora os procesos comunicativos.
Equipamento e instalacións

O principio de atención integral aos nenos e nenas da Escola implica que contemos con servizos imprescindibles: 

 
1- Equipo de Atención Temperá. Traballamos cun gabinete psicopedagóxico especializado en prevención de trastornos de desenvolvemento infantil que colabora como órgano asesor do Centro e avalía ao alumnado da Escola co obxecto de previr e adiantarnos a posibles problemas presentes ou futuros. 
 
2- Escola de Familias. A principio de curso pasamos un cuestionario para coñecer as inquedanzas das familias e, en base aos resultados obtidos, programamos grupos de discusión ou charlas guiadas por especialistas para abordar as cuestións que máis preocupan xeralmente ás familias (alimentación, rabietas, sono...) e deste xeito facilitar estratexias e pautas para casa.
 
3- Servicio Nutricional. O Servicio Nutricional de Galicia elabora os menús da Escola Todas as comidas son elaboradas pola cociñeira na Escola
 
Amosar
Actividades
Extraescolares

 Un sábado ao mes as mestras preparan un obradoiro para familias no cal poden participar os irmáns e irmás do noso alumnado. Son obradoiros lúdicos nos cales as familias poden coñecer e compartir momentos divertidos con compañeiros e titores dos seus fillos/as.

 
Na Escola traballamos todas as conmemoracións que nos é posible: Día Mundial de Concienciación do Autismo, Letras Galegas, Día da Auga, Día do Libro, Día da Familia...
O grupo da aula de 2 a 3 anos fai tres saídas didácticas ao curso. Estas son elixidas cada ano en Xuntanza de Equipo Educativo. Normalmente imos á praia, ao Zoo, ao mercado, ao Alcampo...Estamos a crear un horto escolar para que as nenas/os aprendan de onde proveñen algunhas hortalizas e os seus coidados.
Da A.N.P.A.

 A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) establece unha perfecta canle de comunicación coa Dirección da Escola e colaboran nas actividades organizadas polo centro escolar.

 
Ademáis, cada mes programan actividades extraescolares diferentes para todos os nenos e nenas da Escola: obradoiro musical, contacontos, manualidades…. Actividades moi divertidas para os nenos e nenas.
 
Amosar
Outra información de interese

 Educar é unha tarefa conxunta entre a Escola e a Familia e por iso facemos especial fincapé na boa relación comunicativa entre ambos axentes educativos propiciando unha transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamentos. Na Escola dámoslle moita importancia a que as familias saiban en todo momento as actividades que se están a facer na Escola e explicámoslles de que forma poden participar con nós.

 
Todos os meses enviamos un boletín informativo no cal explicamos a unidade didáctica proposta, que obxectivos imos traballar e de que maneira. Aproveitamos para incluír suxerencias e información sobre a canción do mes, festas, conmemoracións, aniversarios...
Trimestralmente achegamos un tríptico con nocións informativas sobre o momento evolutivo dos cativos e orientacións para aproveitar as potencialidades dende a casa.
Debido ao importante que é para nós ter pleno coñecemento das características globais do noso alumnado posto que ás veces pórtanse dunha maneira na Escola e doutra na casa, no parque, cos avós, etc. propoñemos titorías individualizadas nas cales as familias poden preguntar de forma específica asuntos de desenvolvemento da súa filla ou do seu fillo e ás mestras posibilítalle a opción a coñecer facetas do seu alumnado fóra do centro.
 
Igualmente, de forma trimestral, facemos xuntanzas grupais por aula nas cales as mestras recordan cales son as normas da Escola, fan un repaso con fotos e vídeos do traballado durante o trimestre anterior e explican a proposta pedagóxica para o trimestre seguinte. Entendemos que este é un bo momento para escoitar propostas e aclarar dúbidas xerais.
Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 291 206
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Tomás Alonso
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org