Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosE.I.M. Sta. Cristina de Lavadores

E.I.M. Sta. Cristina de Lavadores - centro público

A EIM Sta. Cristina conta con tres unidades para nenas/os de 3 meses ata 3 anos de idade, sendo a súa capacidade de 38 nenas/os en horario simultáneo.

O horario no que se desenvolve o servizo é de luns a venres de 7:30 a 20:00 horas, dende o mes de setembro ata o 31 de xullo. O mes de agosto permanece pechada por vacacións.

O Equipo Profesional está formado por 10 persoas, todas elas debidamente cualificadas para o desempeño das súas funcións. A mais, a Escola dispón dun servizo de Atención Temperá e de Asesoría Nutricional.

O idioma vehicular é o galego, respectando o Decreto 124/2007 de promoción da lingua galega no sector educativo e a Ordenanza Municipal acordada polo Pleno en 1998. Nas aulas trabállanse os dous idiomas oficiais da nosa Comunidade Autónoma e introdúcese o inglés como terceira lingua no aula de 3º.

A Escola ten, entre outros, os seguintes obxectivos específicos: promover e fomentar o desenvolvemento integral das nenas/os, así como a aprendizaxe de habilidades sociais afectivas e cognitivas; promove-la participación activa de tódolos sectores que forman a comunidade educativa.

O Centro ofrece ás familias usuarias reunións periódicas coas mestras, participación e colaboración en distintas actividades, unha "Escola de Familias" organizada polo Equipo de Atención Temperá e Actividades Extraescolares coas familias os sábados desenvolvidas por persoal cualificado.

Equipamento e instalacións

-3 Aulas

-Comedor e cociña propia

-Aula de psicomotricidade

-Sala deMestras (de lactancia e Biblioteca)

-Patio

-Xardín con zona de xogos

-Lugar cuberto para deixa-las cadeiras de paseo

Amosar
Oferta educativa
Regulada
1º Ciclo de Educación Infantil (0-3 anos)
Amosar
Actividades
Da A.N.P.A.

Horario de atención ás familias fixo durante todo o curso

-Servicio de empréstito de libros

-Colaboración en actividades organizadas pola Escola

-Actividades Extraescolares en familia: "Educar xogando": programa de xogos e obradoiros

- "Descubrindo o mundo": programa de saídas

Amosar
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 280 732
  • Fax: 986 280 732
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Santa Cristina, 1. 36214 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: Luns e mércores de 9:30 a 11:30 horas (para vir outro día ou a outra hora, concertar cita)
  • Titorías: Titoras de aula da quenda da mañá: 9:30 - 10:30 (previa cita) Titoras de aula da quenda da tarde: 18:30 - 19:30 (previa cita) Equipo de Atención Temperá e/ou Dirección: previa cita.
  • Clases: Quenda da mañá: 7:30 - 15:45 horas. Quenda da tarde: 16:00 - 20:00 horas.
Servizo de comedor

Menús supervisados por unha Asesoría Nutricional e elaborados diariamente na propia Escola atendendo as dietas específicas.

Redes sociais e web
Abrir o facebook do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org