Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosE.I.M. Mestres Goldar

E.I.M. Mestres Goldar - centro público

 A EIM Mestres Goldar conta con tres unidades para nenas/os de 3 meses ata 3 anos de idade, sendo a súa capacidade de 39 nenas/os en horario simultáneo.

O horario no que se desenvolve o servizo é de luns a venres de 7:30 a 20:00 horas, dende o mes de setembro ata o 31 de xullo. O mes de agosto permanece pechada por vacacións.

O Equipo Profesional está formado por persoal, debidamente cualificado para o desempeño das súas funcións. A mais, a Escola dispón dun servizo de Atención Temperá e de Asesoría Nutricional.

O idioma vehicular é o galego, respectando o Decreto 124/2007 de promoción da lingua galega no sector educativo e a Ordenanza Municipal acordada polo Pleno en 1998. Nas aulas trabállanse os dous idiomas oficiais da nosa Comunidade Autónoma e introdúcese o inglés como terceira lingua no aula de 3º.

A Escola ten, entre outros, os seguintes obxectivos específicos: promover e fomentar o desenvolvemento integral das nenas/os, así como a aprendizaxe de habilidades sociais afectivas e cognitivas; promove-la participación activa de tódolos sectores que forman a comunidade educativa.

O Centro ofrece ás familias usuarias reunións periódicas coas mestras, participación e colaboración en distintas actividades, unha "Escola de Familias" organizada polo Equipo de Atención Temperá e Actividades Extraescolares coas familias os sábados desenvolvidas por persoal cualificado.

Equipamento e instalacións

 A escola conta cun aula para cada grupo de idade, as cales se atopan ambientadas en contos infantís que se traballan nas mesmas:

 

-Aula 1º: "A que sabe a lúa"

-Aula 2º: "O polo Pepe"

-Aula 3º: "O león nugallán"

 

Dispoñemos de sala de psicomotricidade e comedor, dun patio exterior e dunha ampla recepción.

 

Debido a que a escola se atopa distribuñida en tres plantas, dispomos de ascensor así coma aseos adaptados.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Primeiro Ciclo de Educación Infantil (de 0 a 3 anos)
Amosar
Galería de vídeos
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986239644
  • Fax: 986239644
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Mestres Goldar, 22, 36213, Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: Martes e xoves de 9:30 a 11:30 (para outro día ou hora, solicitar cita)
  • Titorías: Na quenda da mañá: 9:30 horas. Na quenda da tarde: 18:00 horas. Có Equipo de Atención Temperá previa cita.
  • Clases: Quenda da mañá: 7:30 a 15:45 h. (as entradas son de 7:30 a 9:00 horas) Quenda da tarde: de 16:00 a 20:00 h. (as entradas son de 16:00 a 16:15 horas)
Servizo de comedor

 Comedor con capacidade para dar servizo ao alumnado.

 

-Almorzos: de 7:30 a 8:00 horas

-Xantar: de 12:00 a 13:30 horas

-Merenda: de 16:50 a 18:10 horas

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org