Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosE.I.M. Costeira de Saiáns

E.I.M. Costeira de Saiáns - centro público

Escola Infantil Municipal de primeiro ciclo. Consta de tres unidades para nenas e nenos, dende os tres meses ata os tres anos. O plantexamento educativo que seguimos no centro, é o que corresponde a un tipo de escola aberta, flexible, innovadora, eficaz, creativa e acolledora. Deixamos que sexa o propio neno o protagonista do seu proceso educativo e se convirta en mente activa, para iso, proporcionámoslle tódolos recursos e a atención individualizada que necesite en cada momento.Contamos cun equipo debidamente cualificado e preparado para atendelas demandas dos cativos, participando regularmente en actividades de formación continua (primeros auxilios, manipulador de alimentos, prevención de riscos, psicomotricidadeetc.).

Introdúcese o ingles na aula 2-3 anos como terceira lingua.

A escola tamén dispón dun EQUIPO DE ATENCIÓN TEMPERÁ,que se encargará da avaliación e diagnóstico do alumnado e da orientación ás familias nos aspectos de: personalidade, psicolóxico, desenvolvemento, alimentación, hábitos saudables, prevención, etc...Trimestralmente, a Escola de Nais e Pais organiza charlas sobre temas de interese para as familias.

Os sábados realízanse actividades extraescolares para familias e nenos.

Tamén facemos partícipes ás familias á hora de organizar obradoiros e festas (Magosto, Nadal, Entroido, Maios...), xa que queremos que participen da organización e funcionamento da escola, que a coñezan e nos coñezan, que sigamos ámbalas dúas un mesmo camiño.

O período de actividades lectivas vai do 1 de setembro ao 31 de xullo, en horario de 7:30 a 20:30 h, de luns a venres. O mes de agosto a escola permanecerá pechada por vacacións.

Existe un programa de adaptación para facilita-la chegada cada setembro dos novos alumnos e as súas familias á escola, cunha incorporación paulatina e progresiva
Equipamento e instalacións
Tres aulas con acceso directo ao patio. Zona axardinada con xogos e porhe cuberto.
Agrupamento do alumnado:
1 unidade de 0-1 anos con 8 nenos/quenda. 1 unidade de 1-2 anos con 13 nenos/quenda
1 unidade de 2-3 anos con 15 nenos/quenda
Comedor e cociña propia, con menús (almorzo, xantar e merenda), elaborados pola empresa SERNUGA (Servicios Nutricionales de Galicia)
A escola dispón de ANPA.
Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

A vida da escola

< Galería 1Galería 2 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 498 677
  • Fax: 986 498 677
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Baixada á praia, 79. 36392 Saiáns. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 11:00 a 17:00 horas (previa cita)
  • Clases: Horario escola: de 07:30 h a 20:00 h Horario matrícula por quendas: * De 07:30 a 15:45 * De 09:00 h a 17:00 h * De 10:00 h a 18:00 h * De 16:00 h a 20:00 h
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org