Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosE.I.M. Atalaia de Teis

E.I.M. Atalaia de Teis - centro público

Escola infantil municipal de primeiro ciclo que forma parte da Rede de Escolas Infantís do Concello de Vigo.

Conta con tres unidades para nenos e nenas de 3 meses a 3 anos divididos en tres aulas:

0-1 anos: cun total de 8 nenos e nenas

1-2 anos: cun total de 13 nenos e nenas

2-3 anos: cun total de 20  nenos e nenas

E cun equipo humano debidamente cualificadas para o desempeño das súas funcións.

 

O período de actividades lectivas é do 1 de setembro o 31 de xullo en horario de 7:30 a 20:00 horas de luns a venres.

Na nosa escola queremos que cada neno e nena desenvolva ó máximo as súas capacidades, estableza as súas primeiras relacións socias, acade os hábitos de autonomía necesarios para a súa correcta adaptación o seguinte ciclo, descubra o mundo que lle rodea, e aprenda a expresarse; todo nun clima de seguridade e confianza así como de respecto cara si mesmo e cara os demais.

Así mesmo na nosa escola nos propoñemos prestar especial atención á diversidade, respectando tódalas diferenzas e facilitando a integración.

 

 

Nas aulas utilizamos de preferencia a linguaxe materna de cada cativo e cativa, fomentando sempre que se pode o coñecemento do galego como lingua oficial da comunidade na que viven.

Asemade  introducimos o inglés como lingua estranxeira para que os cativos e cativas se familiaricen cos sons e vocabulario básico.

E como entendemos que educar é unha tarefa conxunta entre a escola e a familia poñemos especial interese en involucrar aos pais e nais no proceso educativo manténdoos informados de tódalas actividades que se realizan na escola e explicándolles como poden participar nelas na propia escola ou dende a casa .

A escola conta cun plan de autoprotección e un regulamento de réxime interno. 

Equipamento e instalacións

3 aulas-Comedor-salón polivalente-Cociña propia-Sala Psicomotricidade-Patio exterior con zona de xogos (acceso dende cada aula)-Iluminación natural-Equipo de Atención Temperá-Nesta escola hai ANPA-Escola de nais e pais

Amosar
Actividades
Extraescolares

Obradoiros en familia: un espazo e tempo de lecer para as familias xunto cos seus fillo/as, as educadoras, para compartir actividades, e coñecernos uns aos outros.

 

Sáidas: Os cativos/as da aulas de 2-3 anos contán ao longo do curso cunha serie de saídas co proposito de extender a escola ao contorno máis próximo, así como aproveitar ofertas culturais adecuadas a súa idade.

Amosar
Outra información de interese

Asemade contamos cos seguintes servizos:

-      Equipo Asesoramento e Orientación pedagóxica, que colabora coas educadoras no desenvolvemento da programación , así como na avaliación dos nenos e nenas coa finalidade de detectar e previr posible problemas futuros.

-      Escola de nais e pais: que son xuntanzas que teñen como finalidade tratar temas que preocupan as familias co obxectivo de axudar na crianza aos pais e nais na crianza dos cativos e cativos,

-    

-      ANPA: Os pais e nais da escola están debidamente organizados a través da ANPA a Chiviña, que serve como canle de comunicación entre as familias e a dirección do centro, na organización de actividade e festas. Ademais son a xunta directiva da ANPA se encarga da biblioteca da escola organizando o préstamo de libros.

Amosar
Galerías fotográficas

Instalacións

< Galería 1 >
Novas do centro
  • 02/03/2017
    XORNADA DE PORTAS ABERTAS
    OS DÍAS 22 DE MARZO ÁS 18:30 E O DÍA 23 DE MARZO ÁS 10:15 HABERÁ UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA COÑECER O CENTRO.
  • 22/03/2016
    XORNADA DE PORTAS ABERTAS
    O xoves 17 de marzo do 2016 ás 18:30 haberá una xornada de portas abertas para coñecer as insatalacións e unha pequena presentación para coñecer o funcionamento da escola. Esperámosvos.
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 376 503
  • Fax: 986 376 503
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Avda. Dona Fermina, 9 (subida á Guía) Teis. 36207 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 7:30 a 20:00 horas
  • Titorías: Calquera día lectivo previa cita
  • Clases: 7:30 a 20:00 horas
Servizo de comedor

A escola infantil conta con:  cociña propia onde se elaboran  menús axeitados a idade dos cativos/as e cativasda escola, e son revisados por un nutricionista, así como cun plan para a interorización de hábitos saudables.

Redes sociais e web
Abrir o facebook do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org