Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosE.E.I. Valadares

E.E.I. Valadares - centro público

Os trazos de identidade da nosa escola vincúlannos ao resto das escolas da rede da Galiña Azul formando un proxecto en común. Un dos nosos obxectivos é procurar que todas as nenas/nenos sexan educadas e atendidas en contextos de calidade onde se teñan en conta as súas necesidades e ritmos de aprendizaxe. A participación como forma básica de funcionamento, onde a colaboración coas familias (comunicacións diarias, participación activa dentro da actividade diaria da aula, xuntanzas e titorías,...) parte da confianza, o respecto e a capacitación mutua.

A parella educativa, como forma de organización, onde dúas persoas comparten as mesmas responsabilidades coas nenas/nenos facendo así unha atención máis individualizada.

Na proposta metodolóxica apostamos pola creación de espazos e ambientes cálidos e funcionais, provocadores de procesos educativos. Resaltamos a importancia das actividades cotiás (comedor, hixiene, rutinas,...) como facilitadora dos primeiros coñecementos e consolidación progresiva da autonomía das nenas/nenos.

Agrupamento do alumnado: 2 aulas para crianzas de 0-1 anos: (15 bebés). 2 aulas para crianzas de 1-2 anos: (25 nenas/os). 3 aulas para crianzas de 2-3 anos: (59 nenas/os). Persoal cualificado: 11 educadoras/es, 4 mestras de Educación Infantil, 2 PSX (persoal de servizos xerais), persoal de cociña.

Horario: de 7,30 a 20,30 horas (en caso de existir demanda); de luns a venres. Aberto todo o ano agás festivos nacionais e locais.

Equipamento e instalacións

8 aulas: 2 de 0-1, 2 de 1-2 e 3 de 2-3 e 1 de uso diverso; 1 sala de usos múltiples, 1 comedor; 1 cociña; 2 aseos; 2 vestiarios; 1 sala de xuntas; 1 despacho de dirección; 1 almacén; 1 lavandería; 1 sala de caldeiras e 1 parking.

Amosar
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 092 307 / 666 84 29 50
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Parque Tecnolóxico de Vigo, parc. 16 A - Valadares. 36314 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:30h a 14:00h
  • Clases: 7:30h a 18:00h
Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org