Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosE.E.I. Rúa Hernán Cortés

E.E.I. Rúa Hernán Cortés - centro público

Adscrito ao centro: CEIP Lope de Vega

No noso centro temos como obxectivo  o desenvolvemento integral do neno/a, levando a cabo un labor docente baseado nos principios de tolerancia, solidaridade, respecto, integración, igualdade e paz. Temos en conta o ritmo de aprendizaxe de cada neno/a, tentando facer unha escola participativa e aberta de cara ao alumnado, profesorado, familia e institucións. 

Contamos con profesorado especialista en Inglés , Audición e Linguaxe, profesorado de apoio, Orientador e coidadora.

O departamento de Orientación, formado por un Orientador e profesora de AL,   atende individualmente  aos nenos/as que presentan necesidades educativas específicas de apoio educativo, así como un seguimento  continuado de todo o alumnado.

 

Fomentamos a lectura dende os primeiros anos de escolaridade, tanto no ámbito familiar como no escolar.  Contamos con biblioteca escolar para nenos /as donde ademáis de ler, realízanse actividades variadas: contacontos, marionetas, conmemoracións, obradoiro de contos.... Facemos partícipes aos pais mediante os libros viaxeiros  para pais/nais,  con temas relacionados coa educación infantil, e unha carpeta viaxeira con contos e actividades para os nenos/as onde os pais poden disfrutar  da lectura  cos seus fillos/as.

Todos os cursos desenvólvese un proxecto educativo que serve de centro de interese  e do que partimos para desenvolver as actividades e contidos que permitan acadar as competencias establecidadas para esta etapa educativa. Este proxecto aplícase en todas as áreas e adáptase aos distintos niveis e capacidades dos nenos/as.


O horario é de 9:00 a 14:00 con servizo de comedor escolar de 14:00 a 16:00 horas.

A EEI Rúa Hernán Cortés está adscrita ao CEIP Lope de Vega,  polo que os nenos/as da nosa escola  teñen garantida a reserva de matrícula nese Centro para o ciclo de Primaria.

Equipamento e instalacións

Contamos con tres amplas aulas de Infantil, unha para cada nivel , unha aula de psicomotricidade e audición e linguaxe,unha aula de reforzos educatuvos,  patio interior con xogos adecuados a estas edeades , comedor  e baños adaptados para estas idades.

As aulas contan, ademáis do material educativo tradicional, con equipos informáticos con acceso a Internet en todas elas, e pizarras dixitais onde os alumnos traballan diariamente utilizando as novas tecnoloxías.

A aula de psicomotricidade conta cun material específico para o desenvolvemento das   capacidades motoras, tan importantes nesta etapa.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Contamos cos cursos de 4º, 5º e 6º de educación infantil, que comprende dende os 3 aos 6 anos
Non regulada
No Centro desenvolvemos diversas actividades extraescolares dependendo da demanda: pintura, natación, baile... Dispomos de servicio de comedor dende as 14:00 horas ata as 16:00 horas.
Amosar
Actividades
Da A.N.P.A.

Clases de pintura.

Natación

Baile

 Participación en celebracións:Festa de Nadal, Fin de curso.

 Saídas e outras  actividades dependendo da demanda.

Amosar
Galerías fotográficas

Actividades no Centro

Instalacións do Centro

< Galería 1Galería 2 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120225
  • Fax: 886120226
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Hernán Cortés, 15 baixo. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: Luns, martes, mércores, xoves, venres de 13:00 a 13:45
  • Titorías: Martes:16:15-17:15h.
  • Clases: 9:00 a 14:00 horas.
Servizo de transporte

 O Centro non dispón de transporte escolar.

Servizo de comedor

 O comedor escolar  está situado na  entreplanta do Centro. É un servicio de Caterin servido pola empresa SERUNIÓN, xestionado pola ANPA. Conta cun número variable de coidadoras en función do número de comensais e os menús están regulados por nutricionistas infantís.

Os menús poden adaptarse en caso de alerxias, enfermidades ou relixión.

O horario de comedor é de  14:00 horas ata as 16:00 horas.

 

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org