Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosC.I.F.P. Manuel Antonio

C.I.F.P. Manuel Antonio - centro público

O Instituto de Educación Secundaria Manuel Antonio de Vigo foi construído, conxuntamente co Centro Residencial Docente (CREDO), en 1976 como Centro de Universidades Laborais dependente do Ministerio de Traballo.

Na actualidade é un centro público de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO) e postobrigatoria (Bacharelatos e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior), dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

O centro, ubicado na ladeira do Meixoeiro, ocupa unha superficie de 52.600 m2, e salienta pola orixinalidade da súa construción e a integración na paixase, pola peculiar combinación de módulos rectangulares e poligonais en diferentes alturas, comunicados entre si por corredores porticados, sendo o material de construcción o formigón prefabricado. O Centro goza dunhas amplas zonas verdes cunha gran variedade de especies de flora e fauna arbóreas.

O IES Manuel Antonio ten como misión impartir un ensino de calidade, onde se conxuga a responsabilidade coa liberdade a través dunhas normas de convivencia dentro dun espírito independente, tolerante e comprometido. Ofrecendo un servizo educativo aberto ás innovacións e requerimentos de toda a comunidade educativa, tendo en conta as peculiaridades individuais do alumnado, posibilitándolles o desenvolverse a nivel persoal, permitíndolles progresar no mundo académico e laboral, e preparándolles para a vida.
Equipamento e instalacións
Biblioteca.
· Pavillón de deportes.
· Salón de actos.
· Aulas de: música, tecnoloxía, plástica.
· Laboratorios de Física e Ciencias.
· 5 aulas multimedia.
· Aula de idiomas.
· 6 laboratorios de Química.
· 4 laboratorios de Sanitaria.
· 2 laboratorios de protésico dental.
· 2 Obradoiros de panadería e pastelería.
· 2 Obradoiros de cociña.
· 1 Aula-taller de restaurante.
· 1 Aula-taller de cafetería bar.
Amosar
Oferta educativa
Regulada
· Ciclos Formativos de Grado Medio Familia Profesional de Hostalaría e Turismo: · CM Cociña e Gastronomía. · CM Servizos de Restauración. Familia Profesional de Química: · CM Laboratorio. Familia Profesional de Téxtil: · CM Confección e Moda. Familia Profesional de Industrias Alimentarias: · CM Panificación, Repostería e Confiteria. · Ciclos Formativos de Grado Superior: · Familia Profesional de Hostalería. · CS Restauración. · Familia Profesional de Química. · CS Laboratorio de Análise e Control da Calidade. · CS Química Ambiental. Familia Profesional de Sanidade: · CS Anatomía Patolóxica e Citoloxía. · CS Laboratorio de Diagnóstico Clínico. · CS Prótese Dental. · Ciclos Formativos de Grado Medio e Superior en oferta modular para as persoas adultas impartidos en quenda vespertina. · ZM Cociña e Gastronomía. · ZM Servizos de Restauración. · ZS Laboratorio de Análise e Control da Calidade. · ZS Laboratorio de Diagnóstico Clínico.
Amosar
Outra información de interese
Plans de Mellora:
· Convivencia.
· Biblioteca.
· Tecnoloxías da información e comunicación.
· Xestión do centro.
· Proxecto FP PLUS Emprende (Viveiro de empresas).
· Xestión de bolsa de emprego.
· Convenios de colaboración para a realización da formación en centros de traballo, en empresas do sector público e privado punteiras do tecido produtivo químico, téxtil, sanitario e turístico.
Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • FP Grao Medio
  • FP Grao Superior
Datos de contacto
  • Tlf: 986 273 800
  • Fax: 986 253 907
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Avda. de Madrid s/n. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:00 a 14:00 - mércores de 16:00 a 19:00 horas
Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org