Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosC.E.I.P. Balaídos

C.E.I.P. Balaídos - centro público

Adscrito ao centro: IES Alexandre Bóveda

O colexio está rexido por proxecto educativo de centro, aprobado polo Consello Escolar, que se concreta cada ano nunha programación anual na que constan as actuacións do claustro e da ANPA.

As ideas básicas do proxecto educativo son:·Fomentar a educación do alumnado na liberdade e solidaridade, a convivencia democrática e o respecto aos dereitos e liberdades fundamentais para conseguir persoas e cidadáns responsables.

Desenvolver unha actitude crítica ante os acontecementos.

Desenvolver actitudes e hábitos de cooperación mediante o traballo en equipo.

Sensibilizar ao alumnado cara a cuestións cívicas, culturais e artísticas.

Potenciar un ensino activo no que se desenvolvan a iniciativa e a creatividade.

Conseguir que as nais e pais do alumnado se sintan implicados directamente na educación dos seus fillos.

Potenciar o uso do galego para conseguir a súa plena normalización.

Equipamento e instalacións

Comedor con empresa de cátering (ARUME).
Biblioteca con servizo de préstamos (abre polas tardes de luns a xoves) e actividades de animación á lectura.
Salón de actos con capacidade para 150 persoas.
Laboratorios para as clases de coñecemento do medio natural.
Instalacións deportivas: campo de voleibol, campo de futbito, dous campos de baloncesto, zona de xogos populares, zona de area e ximnasio.
Conta con aulas de inglés e música.
Vídeo proxector e Internet en todas as aulas. Ademáis o centro conta cunha aula de informática con ordenadores, tablets e algún robot educativo.

Dispón tamén de aula de psicomotricidade, educación especial, audición e linguaxe e pedagoxía terapéutica.
Patio de 3.500 m2
Patio cuberto de 600 m2
Xardín
Servizo de gardería

Amosar
Actividades
Da A.N.P.A.

A ANPA do centro xestiona o comedor escolar e as seguintes actividades extraescolares, que se realizan de luns a venres de 16:30 a 18:30 h: pintura, manualidades, teatro en inglés, ximnasia rítmica, baile de salón, baile moderno, taekwondo, natación, balonmán, predeporte, guitarra, xadrez, obradoiro de xogos, patinaxe, servizo de gardería: horario de 7:30 a 9:00h.

Amosar
Outra información de interese

Edítase unha revista escolar na semana das Letras Galegas.

Fomento das tecnoloxías aplicadas a la educación tales como dispositivos móbiles, tabletas, pdi e robots.
Conta cun proxecto de autoprotección.
Programa de Educación en valores e Convivencia escolar.

Amosar
Galerías fotográficas
< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 111 080
  • Fax: 886 111 085
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Pablo Iglesias, 1. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:00 a 14:00 horas
  • Titorías: Os martes de 16:00 a 17:00.
  • Clases: De 9:00 a 14:00
Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org