Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosC.E.I.P. A Paz-Tintureira

C.E.I.P. A Paz-Tintureira - centro público

Adscrito ao centro: IES Coruxo

Pola súa situación en lugar privilexiado e polas súas 2 liñas de transporte é o centro indicado para alumnado procedente de Vigo (Travesas, Pau de Navia, San Andrés de Comesaña, Coruxo,...) e da zona de Fragoselo e Chandebrito.

Atópase a 300 m do cruce da estrada de Camposancos (antiga estrada de Baiona) hacia Fragoselo e Chandebrito, nun emprazamento tranquilo con vistas ao mar e ao monte. Aulas e locais de uso común (Biblioteca, Aula de Psicomotricidade,...) completamente renovados.

Inspirámonos nos valores da convivencia, a participación e a responsabilidade de toda a comunidade educativa. O noso labor educativo apóiase nunha relación fluida e cordial entre o profesorado, o alumnado e as súas familias. Tamén na colaboración coas institucións do noso contorno. Participamos en numerosos proxectos promovidos pola Xunta, Concello e outras institucións que favorecen a calidade educativa.

Concretamos os nosos obxectivos cada ano nunha Programación Xeral. Este se revisa ao final de cada curso nunha Memoria valorativa co fin de mellorar a nosa práctica educativa, adaptándoa ás necesidades do noso alumnado



Algunhas das nosas características

Linguas de aprendizaxe: galego e castelán.

Departamento de Orientación con persoal especializado.

Inglés dende os tres anos en horario escolar e extraescolar. Seccións bilingües

Auxiliar de conversa en inglés

Música e psicomotricidade dende os 3 anos.

Actividades e saídas culturais concertadas co Concello e outras entidades.

 

Participación en programas de Educación Viaria  e outros promovidos polo Concello e outras institucións.

Dinamización lectora e cultural dende a Biblioteca escolar.

Excursións e celebracións de festas tradicionais.

 

Actividades de reforzo a través do Programa PROA

 

Servizo de apertura anticipada a partir das 07:45 horas.

Equipamento e instalacións

Amplo comedor subvencionado.
Cociña propia.
Aulas específicas de Música, Informática, Psicomotricidade, Inglés.
Aulas de apoio e logopedia.
· Biblioteca ampliada e renovada en fondos, equipamento informático e mobiliario.
Servizo de préstamo, actividades de dinamización.
· Patio de 5.000 m2 con pistas polideportivas e gradas.
· Patio cuberto de 400 m2 .
· Ximnasio.
· Parque infantil acotado.
· Zonas axardinadas e horto.

Amosar
Actividades
Extraescolares

Actividades extraescolares organizadas pola ANPA todas as tardes de 16:00 a 18:00 horas.

 

Ludoteca promovida polo CRACC de Coruxo e o Concello todos os días de 16:00 a 20:00 horas. Tamén abre en vacacións.

Da A.N.P.A.

ANPA moi activa con local propio. Organiza actividades extraescolares de luns a venres entre as 16:00 e as 18:00 h.: multideporte, teatro, informática, inglés, natación, baile, ximnasia rítmica, taekwondo.Organizan excursións e participan nas celebracións do colexio.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
2º Ciclo Educación Infantil Educación Primaria
Non regulada
Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) para alumnado de Primaria
Amosar
Outra información de interese

Horario Lectivo: de 9:15 a 14:15 horas.
Apertura anticipada ás 07:45 horas con almorzo e atención ata o inicio das clases.
Comedor e cociña propia con vixilancia ata 16:00 horas da tarde.
Actividades extraescolares de luns a venres.
Somos a sede da Ludoteca de Coruxo con horario de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres.

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 271
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Estrada Fragoselo, 42. Coruxo-Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:15 a 10:45 horas e de 13:30 a 14:15 horas
  • Titorías: Martes de 18:00 a !9:00 horas
  • Clases: 9:15 a 14:15 horas
Servizo de transporte

- Liña 1: Pza. España-Gran Vía-Florida-San Andrés-Teixugueiras (Pau de Navia)-Roteas.
- Liña 2: Chandebrito-Fragoselo.

Servizo de comedor

Comedor autoxestionado e subvencionado pola Xunta. Cociña propia e elaboración diaria dos menús.

 

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org