Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosC.E.E.. Saladino Cortizo

C.E.E.. Saladino Cortizo - centro público

O centro sitúase na rúa Carballal, 60, na parroquia de Cabral. Este centro escolariza a alumnos/as en idades comprendidas entre os 6 e 21 anos e ten como obxectivo acadar o pleno desenvolvemento do alumnado en todas as súas facetas, traballando aspectos intelectuais e habilidades da vida cotiá.

Para acadar este obxectivo dispomos dos seguintes recursos:

Mestres especialistas en Pedagoxía terapéutica · Mestres especialistas en Audición e Linguaxe · Mestres de taller · Reprografía · Carpintería · Peiteado · Xardinería · Psicólogo · Traballador social · Coidadoras para atender ás necesidades básicas dos/ as nenos/as · Conserxe · Persoal de cociña e comedor · Persoal de limpeza.
Equipamento e instalacións
· Comedor subvencionado pola Consellaría de Educación.
· Biblioteca de profesorado e de alumnos/ as.
· Salón de actos.
· Instalacións deportivas: ximnasio, campo de fútbol e patio de recreo con canastras.
· Aulas de audición e linguaxe, vídeo, informática, psicomotricidade, fogar (na que o alumnado aprende destrezas e habilidades da vida cotiá), biblioteca escolar (na que se traballa a animación á lectura) e radio escolar (na que participan activamente os nenos/as do centro).
· Patio de xogos moi grande con zona arborada e un invernadoiro.
Amosar
Actividades
Da A.N.P.A.
A ANPA é socia de Fadenga. Participan nas actividades deportivas organizadas por SPECIAL OLYMPICS E FEGADEMPS e o alumnado asiste á piscina en horario escolar.
Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • Educación Especial
  • Cualificación profesional inicial
  • Tránsito á vida adulta
Datos de contacto
  • Tlf: 986 288 188
  • Fax: 986 487 650
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Carballal, 60 (Avda. do Aeroporto). 36318 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:30 a 11:30 horas
Servizo de transporte
Tres liñas de autobús que percorren a cidade e tres furgonetas de transporte adaptado para nenos e nenas con problemas de mobilidade. Ademais, conta con dous servizos de taxi para nenos e nenas das aforas de Vigo.
Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org