Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioAdmisión alumnado 2017/18

Instrucións, requisitos, prazos, documentación e anexos sobre o proceso de admisión do alumnado do 2º Ciclo Infantil, de Primaria e Secundaria para o curso académico 2017/18.

O Concello de Vigo presenta aquí información facilitada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia que fai referencia aos procedementos de admisión e matrícula nos centros públicos e concertados da comunidade autónoma de Galicia para os seguintes niveis educativos: Segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos), Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Recoméndase descargar e ler a Orde do 25 de xaneiro de 2017 que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 que desenvolve o procedemento para admisión de alumnado. As familias poden facer a reserva de praza en formato papel na secretaría do centro ou de maneira opcional a través da aplicación informática de xestión en:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Calendario do procedemento de admisión e matrícula para o curso escolar 2017/18
Para o curso escolar 2017/18 os prazos previstos nesta orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes:

Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito 01 - 15 de febreiro
Sorteo público a efectos de desempate Última seman febreiro e antes do 1 de marzo
Publicación de postos escolares vacantes Antes do 1 de marzo
Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión 01 - 20 de marzo
Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas Antes do 25 de abril
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas Antes do 15 de maio
Formalización da matrícula en educación infantil e primaria 20 - 30 de xuño
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato 25 de xuño - 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato 1 - 10 de setembro

 



Un dos requisitos exixidos para a admisión do alumnado nas escolas de Vigo é presentar o certificado de empadroamente do Concello de Vigo. Pica neste enlace para solicitalo na web do concello.

Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 publicada no DOGA o 15 de marzo de 2013, salientamos os puntos máis relevantes no proceso de admisión en centros docentes públicos e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2017/18.

Recoméndase descargar e ler a Orde na súa totalidade para despexas as dúbidas que teña. Na columna dereita (Arquivos adxuntos) dispón da documentación completa.

Artigo 19. Criterios xerais para a admisión do alumnado

  • 1. Se unha vez adxudicados os postos escolares ao alumnado que teña garantía de permanencia ou que goce de prioridade por proceder de centro adscrito, o número de solicitudes é superior ao de postos dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios para establecer unha orde de prioridade:

    • a) Existencia de irmás/áns matriculadas/os no centro.
    • b) Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro.
    • c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es.
    • d) Renda anual per cápita da unidade familiar.
    • e) Condición de familia numerosa.
    • f) Condición de familia monoparental.
    • g) Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai, titora, titor, irmá ou irmán do alumnado.
      h) Ademais, para as ensinanzas do bacharelato terase en conta o expediente académico do alumnado.
      i) Criterios establecidos por cada centro educativo, consistentes noutras circunstancias relevantes e xustificadas, de acordo con criterios obxectivos, que deberán ser publicados coa necesaria antelación ao inicio do proceso de admisión.

Artigo 20. Criterio irmás ou irmáns matriculadas/os no centro educativo

  • 1. Só se terán en conta as/os que vaian continuar escolarizadas/os nel durante o curso escolar para o que se solicita a admisión.
  • 4. A acreditación realizarase mediante fotocopia do libro de familia ou, no caso de menores en situación de acollemento, mediante fotocopia da resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.
  • 5. Baremo: por unha irmá ou irmán matriculada/o no centro, 8 puntos; polas/os seguintes, 2 puntos por cada unha/un.

Artigo 21. Criterio nai, pai, titora ou titor que traballe no centro educativo

  • 1. Cómpre que a nai, o pai, a titora ou titor do alumnado, no prazo de presentación da solicitude, estea vinculada/o co centro mediante relación funcionarial ou contrato de traballo celebrado por escrito, sempre que non estea previsto o remate da relación no curso escolar para o que se solicita a admisión.
  • 2. Non se aplicará este criterio cando se trate de alumnado maior de idade ou menor que non conviva coa persoa que traballa no centro.
  • 3. Baremo: 3 puntos. Puntuación non acumulable no suposto de que ambas/os as/os proxenitoras/es ou titoras/es traballen no mesmo centro.
  • 4. A acreditación será realizada polo propio centro.

Artigo 22. Criterio de proximidade do centro educativo ao domicilio familiar ou lugar de traballo das/dos proxenitoras/es ou titoras/es

  • 1. Deberase indicar se se opta polo domicilio familiar ou polo lugar de traballo, non sendo acumulables as puntuacións polos dous criterios. No caso da admisión a ensinanzas de bacharelato, as alumnas e alumnos maiores de idade ou menores emancipadas/os, poderán optar por que se considere o domicilio do seu lugar de traballo, se é o caso.
  • 2. Considerarase como domicilio familiar o habitual de residencia das/os representantes legais do alumnado ou, se é o caso, o das alumnas e alumnos maiores de idade e menores que co consentimento dos pais vivan en domicilios distintos dos daqueles.
    Cando os representantes legais do alumnado vivan en domicilios diferentes, considerase como domicilio familiar o daquel con quen este conviva.
  • 3. O domicilio familiar acreditarase mediante certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A data de alta no concreto domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, agás circunstancias debidamente xustificadas.
  • 4. De non coincidir os domicilios familiar e fiscal, as persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación complementaria: copia do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar e contrato de alta de recibos actualizados de subministracións a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión.
  • 6. A proximidade ao centro educativo do lugar de traballo acreditarase:
    • a) No caso de persoas que presten servizos retribuídos por conta allea, mediante a achega de documento expedido para o efecto pola/o empregadora/or xunto cunha copia do contrato de traballo.
    • b) No caso de traballadoras e traballadores por conta propia, mediante a alta censual inicial ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria, con todas as posibles modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente.
    • c) O persoal ao servizo das administracións públicas presentará unha certificación expedida pola xefatura de persoal correspondente.
  • 7. Baremos:
    • a) Proximidade do domicilio familiar:
      • 1º. Se se atopa na área de influencia do centro: 6 puntos.
      • 2º. Se se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.
    • b) Proximidade do lugar de traballo:
      • 1º. Se está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.
      • 2º. Se está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.

Artigo 23. Acreditación e valoración do criterio da renda anual per cápita da unidade familiar

  • 1. Terase en conta a renda da unidade familiar do exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude.
  • 2. Considérase que a unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente ou parellas de feito debidamente inscritas no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia e, se os houber, por:
    • a) As fillas e fillos menores de idade, con excepción das/dos menores que, con consentimento das/dos nais/pais ou titoras/es, vivan independentemente.
    • b) As fillas e fillos maiores de idade incapacitadas/os.
  • 3. Nos casos de nulidade, separación ou divorcio, entenderase por unidade familiar a formada pola nai ou pai e todas/os as/os fillas/os que residan habitualmente cun ou outro, que reúnan os requisitos subliñados no punto anterior. Nos casos de custodia compartida, entenderase como renda da unidade familiar a das persoas que convivan no domicilio familiar indicado na solicitude.
  • 4. Para a valoración da renda da unidade familiar, as persoas interesadas deberán sinalar na solicitude a cantidade que resulte da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro na declaración da renda conxunta, ou se é o caso, a que resulte da suma das declaracións individuais dos membros da unidade familiar, dividida entre o número de membros computables desta.
  • 8. A valoración da renda anual realizarase con referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) correspondente ao exercicio fiscal ao que se refire o punto 1 deste artigo, coa seguinte escala:
    • a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
    • b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
    • c) Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto.
    • d) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

Artigo 24. Acreditación e valoración do criterio de condición de familia numerosa

  • 2. Esta circunstancia acreditarase mediante fotocopia do título oficial en vigor ou do carné familiar galego expedidos pola Consellería de Traballo e Benestar, ou copia da solicitude de recoñecemento ou renovación. Neste último caso, deberá achegar a fotocopia do titulo, da súa renovación ou do carné, antes da resolución definitiva da admisión no centro que solicita en primeiro lugar.
  • 3. Baremo:
    • a) Por pertencer a familia numerosa de categoría especial: 3 puntos.
    • b) Por pertenza a familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.

Artigo 25. Acreditación e valoración do criterio da condición de familia monoparental

  • 2. Acreditarase mediante fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador.
  • 3. A valoración deste criterio é de 2 puntos.

Artigo 26. Criterio de discapacidade

  • 1. Puntuaranse as discapacidades en grao igual ou superior ao 33 % da alumna ou alumno, da súa nai, pai ou titora/or ou dalgunha/un das/os irmás/áns.
  • 2. Acreditarase mediante a certificación do grao de minusvalía expedida pola Consellería de Traballo e Benestar ou, se é o caso, do órgano competente doutras administracións públicas.
  • 3. Baremo:
    • a) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.
    • b) Por discapacidade dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.
    • c) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.

Artigo 27. Criterio de expediente académico, para o acceso a bacharelato

  • 1. A nota do expediente académico irá referida ao terceiro curso da educación secundaria obrigatoria ou, se é o caso, da titulación que se alegue para o ingreso, e acreditarase mediante unha certificación académica persoal.
  • 2. Baremo:
    • a) Nota media de sobresaliente: 2 puntos.
    • b) Nota media de notable: 1 punto.
    • c) Nota media de ben: 0,50 puntos.

Artigo 28. Criterio complementario aprobado polos centros

  • 1. Os centros educativos poderán establecer un criterio complementario consistente en circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente, de acordo con criterios obxectivos, debendo sinalar a forma de acreditalo.
  • 4. Os centros educativos farán público o devandito criterio e a forma de acreditalo antes do día 1 de marzo de cada ano.
  • 5. Baremo: 1 punto.


CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

Os prazos son os que se indican a continuación e enténdense referidos ao ano natural:

  • 1. Reserva de praza no centro de orixe: 1-15 de febreiro.
  • 2. Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
  • 3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
  • 4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.
  • 5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • 6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
  • 7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
  • 8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
  • 9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
  • 10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

Acceso aos servizos complementarios en centros públicos

  • 1. As nais, pais ou representantes legais do alumnado que, de acordo co disposto nesta orde, presenten solicitude de admisión ou formalicen matrícula, deberán indicar expresamente nestas se solicitan o uso dos servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.
  • 2. O alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este ao longo do mes de abril de cada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.


Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org